Tecelás da terra

Un proxecto comunitario ecofeminista que une a conservación de sementes locais, a igualdade e os coidados colectivos, tecendo redes de sororidade desde a terra ata as bibliotecas.

Tecelás da Terra é unha iniciativa premiada cos Premios Luísa Villalta que promove a soberanía alimentaria, o empoderamento feminino e a cultura do coidado a través da creación dunha Biblioteca de Sementes Ecofeminista, conectada coa rede de bibliotecas públicas da provincia da Coruña.

Manifesto Tecelás da Terra

Somos tecelás da terra.
Tecemos vida coas mans, cos tempos e coa memoria.
Gardamos sementes cando ninguén miraba,
mentres coidabamos crianzas, persoas maiores, leiras e animais.
Fixémolo sen nome, sen recoñecemento,
pero sen ese labor non habería futuro.
Cada semente que conservamos leva dentro unha historia,
un territorio, un xeito de estar no mundo.
Son herdanza viva.
Hoxe xuntámonos para recoñecer ese saber,
para compartilo e para transmitilo.
Creamos unha biblioteca de sementes
como acto de coidado, de comunidade e de esperanza no futuro.
Sementar é coidar. Coidar é sementar afectos.
Por nós, polas que viñeron antes
e polas que están por chegar,
seguimos tecendo a nosa terra.

Noelia, Tania e Raquel somos educadoras sociais ecofeministas que cremos na forza do comunitario e nos saberes que nacen da terra. Movémonos entre sementes, palabras e encontros, aprendendo e compartindo coas persoas que manteñen vivo o legado das que viñeron antes ca nós.

Tecelas da terra: equipo

Gústanos crear espazos onde a memoria, os coidados e a vida cotiá se recoñezan como fontes de sabedoría. Tecelás da Terra nace deste desexo: honrar ás mulleres que gardaron sementes e coñecementos durante xeracións, e seguir tecendo rede para que eses saberes continúen medrando no presente e no futuro.

Tecelás da Terra é unha iniciativa premiada cos Premios Luísa Villalta que promove a soberanía alimentaria, o empoderamento feminino e a cultura do coidado a través da creación dunha Biblioteca de Sementes Ecofeminista, conectada coa rede de bibliotecas públicas da provincia da Coruña.

Manifesto Tecelás da Terra

Somos tecelás da terra.
Tecemos vida coas mans, cos tempos e coa memoria.
Gardamos sementes cando ninguén miraba,
mentres coidabamos crianzas, persoas maiores, leiras e animais.
Fixémolo sen nome, sen recoñecemento,
pero sen ese labor non habería futuro.
Cada semente que conservamos leva dentro unha historia,
un territorio, un xeito de estar no mundo.
Son herdanza viva.
Hoxe xuntámonos para recoñecer ese saber,
para compartilo e para transmitilo.
Creamos unha biblioteca de sementes
como acto de coidado, de comunidade e de esperanza no futuro.
Sementar é coidar. Coidar é sementar afectos.
Por nós, polas que viñeron antes
e polas que están por chegar,
seguimos tecendo a nosa terra.

Tecelás da Terra é unha iniciativa premiada cos Premios Luísa Villalta que promove a soberanía alimentaria, o empoderamento feminino e a cultura do coidado a través da creación dunha Biblioteca de Sementes Ecofeminista, conectada coa rede de bibliotecas públicas da provincia da Coruña.

Entre xaneiro e marzo de 2026, mulleres das comarcas de Betanzos e Ferrolterra compartirán sementes, saberes e experiencias, creando espazos seguros de aprendizaxe, benestar e apoio mutuo.

Noelia, Tania e Raquel somos mulleres ecofeministas e educadoras sociais que cremos na forza do comunitario e nos saberes que nacen da terra. Movémonos entre sementes, palabras e encontros, aprendendo e compartindo coas persoas que manteñen vivo o legado das que viñeron antes ca nós. 