Biblioteca de sementes

Que é?

Unha Biblioteca de Sementes é un espazo comunitario para gardar, coidar e compartir sementes locais, do mesmo xeito que se fai cos libros nunha biblioteca.

Non é só un lugar para conservar variedades tradicionais. É tamén un espazo de encontro, aprendizaxe e intercambio de saberes arredor da agricultura, a biodiversidade e os coidados da terra.

Como funciona?

O funcionamento é sinxelo e baséase na confianza e no coidado colectivo:

  1. As persoas poden levar sementes en préstamo, igual que farían cun libro.

  2. Cultívanas nas súas hortas ou espazos de cultivo.

  3. Ao final da tempada, devolven parte das sementes recollidas, para que outras persoas poidan continuar o ciclo.

Deste xeito créase unha cadea viva de coidado, transmisión e biodiversidade.

Onde están?

Redes de apoio e aliadas