Que é Tecelás da Terra?
Tecelás da Terra nace da unión entre a agroecoloxía, o ecofeminismo e a acción comunitaria. O proxecto entende as sementes como patrimonio vivo, portadoras de memoria, cultura e futuro, e ás mulleres como gardadoras históricas de saberes, coidados e biodiversidade.
A través de obradoiros, encontros comunitarios e accións culturais, o proxecto crea unha rede feminina que sementa igualdade, fortalece vínculos afectivos e promove a prevención das violencias machistas desde unha perspectiva comunitaria.
Obxectivo xeral
Promover a igualdade de xénero, a soberanía alimentaria e a cultura do coidado mediante a creación dun espazo comunitario de sementes conectado coa rede de bibliotecas e centros socioculturais.
Obxectivos específicos
- Reforzar a autoestima e a visibilidade das mulleres como gardadoras de saberes agroecolóxicos e culturais.
- Favorecer a participación cidadá na conservación de sementes locais e no intercambio de coñecementos.
- Crear unha rede comunitaria ecofeminista de intercambio de sementes e experiencias.
- Sensibilizar sobre igualdade, sustentabilidade e coidados colectivos.
- Integrar as sementes no ámbito cultural das bibliotecas, garantindo o acceso ao préstamo público e á aprendizaxe comunitaria.
Accións do proxecto

En cada un dos concellos participantes creamos diferentes encontros comunitarios semanais, onde nos reunimos mulleres de diferentes xeraciçóns para compartir saberes, experiencias e afectos arredor da terra e das sementes.
Entre xaneiro e marzo de 2026, mulleres dos concellos de Betanzos, Cedeira e Mañón compartiron sementes, saberes e experiencias, creando espazos seguros de aprendizaxe, benestar e apoio mutuo. A base foi crear un lugar de escoita, confianza e sororidade onde apareceron recordos, emocións e tamén unha enorme sabedoría práctica: formas de cultivar, gardar sementes, observar os ciclos da natureza ou coidar a terra.
Moitas das palabras, historias, cantigas, refráns e coñecementos que aparecen nesta web nacen destes encontros. O obxectivo é que aquilo que xorde do local —das conversas, da memoria e da experiencia— poida seguir vivo e chegar máis lonxe, para que estes saberes non se perdan e continúen inspirando novas xeracións.

O final do proceso remata coa apertura da biblioteca de sementes á comunidade, nun espazo e tempo, no que poñer en valor todo o compartido e aprendido nos círculos de sementeira. Visibilizando ás coidadoras de sementes e impulsando unha rede veciñal para seguir mantendo o traballo agroecolóxico.
Redes de apoio
CONCELLOS, Sindicato Labrego Galego, ETC.

Un espazo comunitario para gardar, coidar e compartir sementes locais.