Palabras da terra

A terra tamén se conta con palabras. Durante moito tempo, as persoas que traballaron as hortas, os campos e os montes foron creando un vocabulario propio para nomear as plantas, as ferramentas, os labores e os ritmos das estacións.

Moitas destas palabras foron transmitidas de boca en boca, xunto con refráns, cantigas e expresións que forman parte da memoria colectiva do rural. Hoxe, ao mudar as formas de vida e ao afastarnos cada vez máis do traballo coa terra, moitas delas corren o risco de desaparecer.

Neste apartado recollemos algunhas das palabras da terra que xurdiron nos encontros do proxecto: termos que nomean o mundo agrícola, que gardan sabedoría popular e que acompañaron durante anos os traballos e as celebracións.

Igual que acontece coas sementes, gardar estas palabras é tamén unha forma de conservar vida e memoria. Porque cada palabra leva dentro unha maneira de entender a terra e de habitar o territorio.

GLOSARIO DE PALABRAS DA TERRA